Biografía
Desde unha idade temperá, participou en grupos musicais, desenvolvendo un crecente interese pola música de cinema. Recibiu formación en piano, guitarra, composición e orquestración, e converteuse en profesional da música para cinema en 2005. En 2009, deixou o sector financeiro para dedicarse exclusivamente á música para cinema.
Xavi Font uniu o seu perfil creativo e de xestión como un dos principais produtores de ‘O que arde’ (Oliver Laxe, 2019). Como produtor, tamén participou en ‘Ons’ (Alfonso Zarauza, 2020) e ‘Donde acaba la memoria’ (Pablo Romero Fresco, 2022).
Como compositor, é coñecido polo seu traballo en ‘Rapa’ (2022-2023 Movistar+), ‘Hierro’ (2019-2021 Arte/Movistar+), ‘La sombra de la ley’ (Vaca Films 2018), e moitos outros, incluíndo ‘O Apóstolo (2012), onde colaborou con Philip Glass.
Xavi Font é membro da Academia de Cine Europeo, a Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España e a Academia Galega do Audiovisual, onde tamén é membro da Xunta Directiva.